DRIVECLUB ofertarase por só 39,99 euros para os usuarios de PS Plus

luns, 29 de setembro do 2014 Marcus Fernández

O vindeiro día 8 chegará á PlayStation 4 o agardado xogo de carreiras automobilísticas DRIVECLUB, que promete ser o máximo expoñente deste xénero nas consolas de Sony durante a vindeira campaña de Nadal, e que chegará cunha boa nova para os subscritores de PlayStation Plus, que non só contarán cunha edición de balde do xogo (que ofrecerá só un número reducido de vehículos e circuítos) senón que tamén ofrecerá a posibilidade de actualizar dende esta versión á versión completa do xogo por só 39,99 euros (o que supón un desconto duns 30 euros).
Os usuarios que non goce de PlayStation Plus e que queiran gozar de DRIVECLUBdende o día do seu lanzamento poden optar xa á súa reserva, tento na súa edición normal como nunha edición especial con numeroso contido adicional (que vén nunha caixa metálica exclusiva).

O xogo promete despuntar graficamente na PlayStation 4

PUBLICIDADE