DaVinci Pinball chega aos móbiles Nokia Lumia

martes, 23 de abril do 2013 Marcus Fernández

Dende Nokia gustan de mimar aos usuarios dos seus móbiles, de xeito que o lanzamento do xogo DaVinci Pinball para Windows Phone 7.5 e 8 realízase en exclusiva para os seus móbiles Lumia, a un prezo de 2,99 euros, contando tamén cunha versión de proba para poder botar unha ollada a este pinball temático antes da súa adquisición.
O xogo é obra de Gameprom, compañía especializada na creación de pinballs, que desta volta integra no seu deseño unha temática moi orixinal na que mestúranse armas, arquitectura e máquinas medievais na mesa de xogo, permitindo tamén explorar incribles inventos como a máquina voadora de Da Vinci.
Este xogo conta cuns gráficos moi coidados, físicas realistas, banda sonora orixinal e numerosos retos que poderán seguirse secuencialmente a xeito de trama. Unha xoia do deseño que agora pode gozarse nos móbiles Lumia baixo o selo Xbox.

PUBLICIDADE