Dailymotion comeza a codificar os seus vídeos en alta definición

martes, 19 de febreiro do 2008 Marcus Fernández

A plataforma de vídeo a través da web, Dailymotion, lanzou unha nova versión do seu reprodutor de vídeo en Flash para aproveitar a última versión da tecnoloxía de Adobe permite o uso de vídeo comprimido mediante H.264 de alta definición. Deste xeito , os vídeos de alta definición que se suban a este servizo de converterán a formato estándar e a 720 liñas en progresivo. Para acceder á versión de alta definición é preciso contar cunha conexión á Internet que permita velocidades de 1,6 Mbps (e un ordenador potente) de xeito que, de non ser posible a súa reprodución, o sistema cambia automaticamente á versión estándar dos vídeos.
Os vídeos en alta definición consumen moito largo de banda e capacidade de cálculo dos nosos equipos, pero resultan moi atractivos para os usuarios que non se conforman con ver vídeos de escasa calidade coma os que aparecen en YouTube.
Dailymotion recompila os seus vídeos comprimidos a 1.280 x 720 píxeles nunha sección da súa web, e recomendan ver os contidos a pantalla completa para tirar proveito da calidade de compresión de vídeos coma o seguinte:

PUBLICIDADE