Dance Central 3 volverá a animar ás Xbox 360 no outono

martes, 21 de agosto do 2012 Marcus Fernández

Microsoft e Harmonix confirman que o xogo Dance Central 3 chegará ás tendas o 19 de outubro, aproveitando a ocasión para detallar que no seu modo Historia poderemos tomar o papel dun axente da Dance Central Intelligence (DCI) para deter o plan do malvado Dr. Tan para destruír Dance Central, para o que haberá que viaxar no tempo polas décadas dos 70, 80, 90, 2000 e máis aló para dominar distintos movementos de baile que permitan derrotar ao noso inimigo na pista de baile para evitar que remate coa festa. Resulta un tanto ridículo que se molestaran en dotar de argumento a un xogo de baile para Xbox 360 que destaca polo magnífico uso que fai de KINECT (esta franquía é con moita diferenza a que mellor uso fai d control por movementos na consola doméstica de Microsoft).
Polo momento xa se coñecen un bo número de temas musicais que estarán incluídos neste prometedor xogo de baile:
- 2NE1 – I Am The Best (Original Version)
- Alice Deejay – Better Off Alone
- Backstreet Boys – Everybody (Backstreet’s Back)
- J.J. Fad – Supersonic
- Lil Jon & The East Side Boyz ft. Ying Yang Twins – Get Low
- LMFAO – Sexy And I Know It
- Los Del Rio – Macarena (Bayside Boys Mix)
- Maroon 5 ft. Christina Aguilera – Moves Like Jagger
- Vanilla Ice – Ice Ice Baby
- Vicki Sue Robinson – Turn The Beat Around
- Village People – Y.M.C.A.
- 50 Cent – In Da Club
- Cali Swag District – Teach Me How to Dougie
- Cobra Starship ft. Sabi – You Make Me Feel…
- E.U. – Da’ Butt
- Edward Maya & Vika Jigulina – Stereo Love
- Gloria Gaynor – I Will Survive
- Marcia Griffiths – Electric Boogie
- Usher ft. Will.I.Am – OMG
- Usher – Scream
- Van McCoy – The Hustle
- Afrojack ft. Eva Simons – Take Over Control
- Alexandra Stan – Mr. Saxobeat
- Ciara ft. Missy Elliott – 1, 2 Step
- Cupid – Cupid Shuffle
- Daft Punk – Around The World
- Dev ft. The Cataracts – Bass Down Low
- Enur ft. Natasja – Calabria 2008
- Martin Solveig ft. Dragonette – Hello
- The Trammps – Disco Inferno


Vídeo introdutorio do xogo

PUBLICIDADE