Dead Island, Resident Evil 6 e Payday 2 incorporaranse a Xbox Game Pass en xullo
mércores, 28 de xuño do 2017
O
servizo Xbox Game Pass botou a andar oficialmente o pasado dÃa 1 ofrecendo
preto dun cento de xogos para Xbox One por unha cota de subscrición de 9,99
euros/mes, coa promesa de que cada mes irÃase renovando o catálogo de xogos
dispoñibles, e comezan cumprindo moi satisfactoriamente, xa que veñen
de anunciar os xogos que incorporarán ao Game Pass o 1 de xullo, e son
tÃtulos que moitos agradecerán.
O xogo máis salientable é Dead Island
Definitive Edition, un tÃtulo de zombis que tivo un grande impacto que deu
lugar a toda unha franquÃa, aÃnda que non será o único tÃtulo do xénero que
chegará en xullo, senón que tamén recibirase o xogo de acción en terceira
persoa Resident Evil 6, que se ben
está considerado un grande fracaso, é o derradeiro da etapa de acción da
franquÃa, polo que pode resultar moi interesante achegarse a el se o deixamos
pasar no seu dÃa.
Dado que o Xbox Game Pass busca variade, o resto de novos xogos son bastante
diferentes, e asà temos o tÃtulo de condución F1 2015, o xogo de supervivencia The Flame in the Flood, os plataformas Guacamelee! Super Turbo Championship Edition e Bard’s
Gold, o xogo de infiltración Monaco:
What’s Yours is Mine e o tÃtulo de acción multi-xogador Payday 2.
VÃdeo no que presentan os xogos que Xbox Game Pass recibirá en xullo