Dead or Alive 5: Last Round verá a luz en febreiro
xoves, 23 de outubro do 2014
Tecmo
Koei confirmou
que o 20 de febreiro de 2015 as consolas PS3, PS4, Xbox 360 e Xbox One
recibirán o xogo de loita Dead or Alive
5: Last Round, a última revisión deste popular xogo que recibe unha
grande mellora gráfica e amplÃa as posibilidades de personalización da
vestimenta dos personaxes. Os personaxes desbloqueados, os traxes e os
progresos no modo historia de Dead or
Alive 5 Ultimate poderanse trasladar ao novo xogo sen cargo adiciona,
mentres que os usuarios que reserven a edición fÃsica do xogo recibirán contido
descargable adicional de balde.
O xogo tamén contará cunha versión Core
Fighters, que permite xogar de balde con Ayana, Hayate, Kasumi e Ryu en
case todos os modos de xogo, podendo desbloquear caracterÃsticas e loitadores adicionais
mediante pagamento, fórmula aÃnda pouco explotada neste xénero.
Trailer de presentación de Dead or Alive 5: Last Round