Demolition Dash</Em> invítanos a ser un pequeno Godzilla

xoves, 26 de maio do 2011 Marcus Fernández

O estudo de videoxogos xermano Chimera Entertainment anunciou hai uns meses que estaba a traballar en 4 xogos para iOS, comezando por Demolition Dash, un divertido xogo de plataformas que chegou hoxe á App Store en versións para iPhone/iPod Touch e para iPad, a 0,79 e 1,59 euros respectivamente, prometendo converterse en todo un éxito grazas á súa mecánica sinxela: controlaremos a un monstro que debe de causar a máxima destrución posible saltando e ruxindo (dúas únicas accións que debe realizar o xogador).
O monstro vermello Zilla deberá percorrer 8 grandes cidades, recollendo obxectos especiais que potenciarán ao personaxe, evitando caídas e espantando aos equipos SWAT que aparecen no camiño facendo uso dun potente ruxido.
Tanto os gráficos coma o son do xogo están moi coidados, sendo este título compatible coa Pantalla Retina do iPhone 4, e tendo unha versión HD específica para iPad. Actualmente está dispoñible en inglés e alemán, pero a vindeira actualización incorporará os idiomas francés, español, portugués e italiano, á vez que engadirá novos contidos para alongar a vida do xogo.

JPEG - 97.5 KB
No xogo Zilla deberá percorrer varias cidades evitando a equipos de SWAT e provocando a máxima destrución posible

PUBLICIDADE