Demon Hunter 4 estrea versión para Windows 8/RT e Windows Phone 8

luns, 2 de decembro do 2013 Marcus Fernández

No verán Gameloft anunciou que estaba a preparar grandes xogos para Windows 8 e Windows Phone 8, e tras a chegada do título de condución Asphalt 8: Airborne (hai menos dun mes) temos agora que unha das grandes apostas da compañía baixo a fórmula do free-to-play, Dungeon Hunter 4, estrea versións para Windows Phone 8 e Windows 8/RT.
Este RPG de acción, que bebe de sagas como Diablo, permítenos explorar numerosos alxubes, derrotar a centos de inimigos (entre os que non faltan xigantescos xefes) e saquear innumerables obxectos, podendo elixir entre 4 clases de personaxe (con estilos de combate distintos), progresar as habilidades de combate, personalizar o equipamento e incluso entrar en arenas cooperativas nas que participar en intensas batallas (ou competir contra outros opoñentes).
O principal defecto deste xogo pode considerarse que é o seu tamaño de descarga, que aínda que 1 Gb non sexa moito para un título para PC, no caso da versión para móbiles pode ser un importante atranco (especialmente porque precisa duns 4 Gb libres para a súa instalación).

Demon Hunter 4 é un RPG de acción deseñado para dispositivos con pantalla táctil

PUBLICIDADE