Denuncian a unha web que permite escoitar exclusivas gravacións de concertos de clásicos do rock

xoves, 21 de decembro do 2006 Marcus Fernández

Nomes importantes do mundo do rock coma Grateful Dead, Carlos Santana, The Doors ou Led Zappelin demandaron ó dono da web Wolfgang’s Vault, que comercializa camisetas, fotos e outros obxectos de coleccionismo do mundo musical, pero que ademais tamén conta con gravacións de concertos (principalmente raras) das que non tería os dereitos de explotación.
Nun principo Wolfgang’s Vault está considerada coma todo un referente para a adquisición de material de coleccionista, o que non daría problemas, pero as gravacións de concertos que vende tamén se poden escoitar dende a súa web. De feito, a colección de gravacións polémicas é a realizada polo finado promotor de concertos Bill Graham, que mercaron dende a tenda por 5 millóns de dólares, e que son das que saca proveito, pero ó publicalos na Rede sen autorización por parte dos artistas, aínda que se transmitan mediante steaming (o que permitiría a súa escoita pero non a súa gravación), podería estar realizando unha práctica ilegal.
Non se coñece cómo rematará este conflito legal, pero nun principio era moi interesante poder acceder a unha serie de gravacións que doutro xeito sería imposibles de achegar, xa que se trata de auténticas pezas exclusivas.

PUBLICIDADE