Desactivan os certificados dixitais dos DNIe por motivos de seguridade
mércores, 8 de novembro do 2017
A Dirección Xeral da PolicÃa decidiu reforzar a seguridade
do DNI electrónico para o seu uso telemático, polo que decidiron que os
certificados electrónicos contidos no DNIe serán substituÃdos sucesivamente
para garantir a seguridade dos usuarios da certificación e a sinatura
electrónica en España, o que terá como consecuencia a suspensión da
funcionalidade dos certificados.
Esta medida parte dun estudio publicado pola Universidade da República Checa
que poderÃa alertar dunha vulnerabilidade nos certificados dixitais do DNIe que
afectarÃa aos documentos con número de soporte posterior ao ASG160.000 expedidos
a partires de abril de 2015, de aà que se procedeu á desactivación dos
certificados dixitais mentres se estuda como solucionar a situación.
Mentres
tanto, os DNIe continuarán a ser válidos como documentos de identificación e
documentos de viaxe, descoñecéndose cando se comezarán a expedir os novos
certificados seguros, para os que será preciso que os titulares dos carnés acudan
ás Oficinas de Documentación.
Dende aposta en funcionamento do DNIe a PolicÃa expediu máis de 59,4 millóns de
documentos, indo esta tecnoloxÃa xa pola súa terceira versión, que destaca por
incorporar NFC, o que facilitarÃa o uso do DNIe en dispositivos con tecnoloxÃa contactless, o que poderÃa resultar moi
práctico para a súa utilización en móbiles (facilitando que os usuarios poidan
identificarse ante a Administración virtual achegando o seu DNI ao smartphone).