Destiny estrea un trailer dirixido por Jon Favreau

xoves, 23 de maio do 2013 Marcus Fernández

Como adianto do que amosarán na feira E3, Activision e Bungie traballaron co director Jon Favreau (responsable das dúas primeiras películas de Iron Man) e o actor Giancarlo Esposito (actualmente na serie Revolution) para crear un novo trailer do prometedor xogo Destiny titulado A lei da selva, no que presentan unha liña de acción e aventuras no universo épico no que vai desenvolverse o prometedor xogo en liña do que se darán máis detalles durante a conferencia de Sony o vindeiro 10 de xuño.
Esta nova franquía chegará da man dos creadores de Halo e dos editores de Call of Duty, argumentos que nun principio xa chegan para captar a atención dos afeccionados aos xogos de acción de todo o mundo, aínda que esta aposta de Bungie non vai limitarse a un título de éxito, senón que queren construír toda unha saga a longo prazo, intentando repetir o fenómeno de Halo, pero cun mundo persistente, o que é un interesante reto a superar. Este shooter en primeira persoa será moi variado, con modos de historia e multixogador cooperativos e competitivos, combinados con actividades públicas e sociais, no que podería converterse en tendencia na vindeira xeración de consolas de videoxogos.


Novo trailer de Destiny

PUBLICIDADE