Diablo III convértese maior lanzamento para PC da historia

mércores, 23 de maio do 2012 Marcus Fernández

Blizzard Entertainment anunciou hoxe que durante as primeiras 24 horas dende o lanzamento de Diablo III venderon máis de 3,5 millóns de copias, batendo o record do xogo para PC que máis rápido vendeu na historia, o que resulta aínda máis impresionante se atendemos ao feito de que máis de 1,2 millóns de xogadores recibiron Diablo III como parte do Pase Anual de World of Warcraft, ou sexa, que no primeiro día xa había 4,7 millóns de usuarios dispostos a asaltar Santuario. Se ampliamos o rango de tempo á primeira semana de lanzamento temos que Diablo III superou os 6,3 millóns de unidades.
Diablo III está dispoñible para Windows XP/Vista/7 e Mac OS X 10.6.8 ou superior a un prezo recomendado de 59,99 euros tanto para a súa edición física como descargable, e está dispoñible en numerosas linguas entre as que figura o español, aínda que a versión para Mac non conta con tal opción de xeito oficial.

PUBLICIDADE