Dishonored recibe o seu segundo DLC
martes, 16 de abril do 2013
Para moitas publicacións especializadas o mellor xogo do ano
2012 foi Dishonored, premiando asà a
ousadÃa de Bethesda Softworks para editar unha nova franquÃa con grande
potencial, pero este tÃtulo non está morto, senón que continúa a incorporara
contido e, concretamente, hoxe
chega ao Bazar de Xbox LIVe por 800 Microsoft Points e a Steam por 9,99 euros (os
usuarios de PS3 deberán agardar a mañá para poder gozar deste contido
descargable) o contido titulado El Puñal
de Dunwall, que engade unha nova aventura a Dishonored, permitindo ao xogador tomar o papel de Daud, o lendario
asasino que matou á emperatriz, que neste segundo paquete de expansión ofrece
unha nova perspectiva con respecto a Daud, asà como acceso ás súas armas,
trebellos, aliados e poderes sobrenaturais.
Nesta nova historia do xogo desenvolvido por Arkane Studios teremos que Daud,
tras asasinar á Emperatriz, buscará a redención, tendo que superar novos retos
e explorar zonas de Dunwal inéditas. As decisións que se tomen nesta empresa
definiran un camiño de redención ou sumiran a Daud na escuridade. Tras esta
segunda expansión de Dishonored
chegará unha terceira que porá fin ao arco argumental de Daud.
Trailer do novo DLC para Dishonored