Dismedia presenta no CDTIC tres recursos con múltiples aplicacións nos nosos centros educativos

xoves, 11 de xullo do 2013 Redacción

O día 24 de xullo a empresa galega Dismedia, especializada na achega de innovacións tecnolóxicas para o ensino (incluído o seu encerado sen sombra, do que xa falamos en Código Cero), vai presentar no Centro Demostrador TIC de Santiago, en horario de 10 a 14 horas, tres produtos de “alto interese e proxección para os nosos colexios e centros educativos en xeral”. A presentación, moi dirixida á comunidade docente e aos responsábeis directos do noso ensino privado ou concertado, comezará cunha exposición das vantaxes de Diodro, plataforma educativa dixital deseñada e realizada dende A Coruña e dirixida, en boa medida, a facilitar a xestión integral de calquera tipo de centro educativo.
Segundo explica José Juan Nimo, de Dismedia, Diodro é un recurso moi doado de integrar en calquera emprazamento e cobre tódalas necesidades da dirección dun centro educativo (altas, baixas, faltas, circulares, notas, comunicacións ou actividades). A maiores, Dismedia tamén fará unha completa demostración das funcionalidades de Grammata (libros dixitais e tablets para as aulas) e EscudoWeb (sistema de protección total para os menores na rede, extensíbel aos fogares dos alumnos).

PUBLICIDADE