Doc Brown terá figura de seu en LEGO Dimensions

xoves, 21 de maio do 2015 Marcus Fernández

A resposta de LEGO a Skylanders, Disney Infinity e as figuras amiibo vai collendo forma, e van adiantando detalles de LEGO Dimensions, xogo para Xbox 360, Xbox One, PS3, PS4 e Wii U que sairá á venda en setembro e que xuntará distintos universos que xa contan coa súa versión con figuras de LEGO nun mundo virtual ao que teñen acceso a través de portais físicos nos que temos que colocar figuras coleccionables que venderanse en packs de expansión.
Xa anunciaran que o xogo venderase nun lote co portal (chamado Toy Pad) para as figuras (incluíndo as de Batman, o Batmóbil, Galdalf e Supercool) e que entre os lotes de figuras temáticas que poderiamos mercar por separada estarían personaxes como Marty McFly de Regreso ao Futuro, Wonder Woman de DC ou Légolas de O Señor dos Aneis, aos que sumaranse moitos outros durante a primeira metade de 2016. Teremos así lotes como o que conten as figuras de Joker e Harley Quinn, o de Superman, o de Aquaman, o de Bane, un par de LEGO Ninjago e incluso un novo lote de Regreso ao Futuro co doutor Emmett Brown, que incluso protagoniza no novo vídeo promocional de LEGO Dimensions:

JPEG - 229.9 KB
Entre os lotes de figuras que estarán dispoñibles na primeira metade de 2016 estarán os personaxes de DC Joker e Harley Quinn

PUBLICIDADE