Donkey Kong Country Returns será un xogo difÃcil
mércores, 10 de novembro do 2010
A primeiros de
decembro, chegando a tempo para a campaña de Nadal, teremos nas tendas
españolas o xogo Donkey Kong Country Returns,
que promete ser un dos mellores xogos de plataformas para Wii, asà como
recuperar o espÃrito da saga de xogos que floreceu na Super Nintendo, non só porque
Retro Studios conserve a mecánica de xogo, senón porque tamén terán moi
presente o elevado nivel de dificultade deste tipo de xogos de desprazamento horizontal,
de xeito que os habituais enfrontaranse a un auténtico reto, mentres que o
resto de mortais poderán
tirar uso da Super GuÃa, tecnoloxÃa estreada no xogo New Super Mario Bros Wii, que serve de axuda para superar as partes
máis complicadas do tÃtulo cedéndolle o control á consola. Ao activar a Super
GuÃa aparecerá no xogo Super Kong, para avanzar no xogo de xeito automático,
permitindo que o xogador retome o control en calquera momento, co que buscan
que se empregue este sistema só para superar atrancos que se nos resisten
repetidamente. Mentres Super Kong estea activo percorrerase o xogo do xeito máis
eficiente posible (o que pode implicar pasar por alto interesantes segredos), os
avances logrados non sumarán puntos ao marcador nin obxectos ao inventario, e
marcaranse cunha cor diferente no mapa do xogo, para deixar constancia de que o
sistema non é facer trampa.
Ultimo trailer de Donkey Kong Country Returns no que podemos ver distintos niveis do xogo