Doodle Jump pasa a ser de balde para Android
martes, 19 de marzo do 2013
Un dos primeiros grandes éxitos dos videoxogos para iPhone,
antes da chegada de Plants vs. Zombies
e Angry Birds, foi sen dúbida Doodle Jump, un sinxelo tÃtulo que
consiste en saltar plataformas verticalmente evitando caer, controlando ao
protagonista inclinando o móbil, de xeito que temos unha xogabilidade moi
directa que seguiron moitos outros xogos despois (o máis recente poderÃa ser o Sonic Jump de SEGA, aÃnda que este tÃtulo xa contaba cunha anterior
entrega para dispositivos móbiles previa a iOS), e que estreárase no
Android Market a un prezo bastante elevado, o que impediu que trasladase o seu
éxito aos móbiles de Google, o que agora poderÃa mudar, xa que Lima Sky vén de re-estrear
o xogo en Google Play ofrecéndoo
de balde.
Doodle Jump para Android non só pode
descargarse de xeito gratuÃto, senón que tamén vai contar con contidos adicionais
en breve (novos mundos temáticos nos que pode xogar), advertÃndose aos usuarios
que mercasen o xogo anteriormente que, de descargar a nova versión, verán como
desaparece a publicidade do mesmo e desbloquéanselle contidos adicionais
(sempre que fagan a instalación sen ter borrado a anterior aplicación).
Este cambio de modelo de negocio do xogo prodúcese tras caducar a licenza do
mesmo adquirida por GameHouse (antes RealArcade) e retomar os dereitos da
versión para Android a Lima Sky, compañÃa que sen dúbida conseguirá
rendibilizar mellor o seu xogo co seu cambio de estratexia (pois o tÃtulo
anterior fóra totalmente irrelevante en Android).