DotEmu prepárase para resucitar a franquÃa de Pang
venres, 16 de outubro do 2015
Durante a celebración da ParÃs Games Week, que
desenvolverase do 29 de outubro ao 1 de novembro, estará
presente o desenvolvedor e editor de xogos retro
DotEmu, onde amosará os seus novos proxectos entre os que destacará
especialmente unha versión xogable de Pang
Adventures, xogo anunciado o pasado mes de xullo e que procurará recuperar
o espÃrito dunha franquÃa que causou furor nos salóns recreativos.
Para dar conta deste futuro lanzamento, DotEmu
publicou en Facebook as primeiras capturas de pantalla do xogo, que
presenta unha estética moi familiar, na que parecen captar con bastante acerto a
esencia de Pang e Super Pang (os principais tÃtulos da
saga, publicados de xeito case consecutivo, mentres que as secuelas seguintes
chegaron bastante máis tarde pasando practicamente desapercibidas).
Esperamos que a finais de mes dean máis detalles deste prometedor lanzamento
que captará a atención dos amantes do retro.
- O xogo recupera as mecánicas e a estética dos Pang clásicos