Dragon Ball: Revenge of King Piccolo á venda con mandos de Ardistel

martes, 11 de xaneiro do 2011 Marcus Fernández

O xogo para Wii Dragon Ball: Revenge of King Piccolo vai ter unha segunda vida nas tendas ao pasar a comercializarse nun paquete que inclúe, xunto ao xogo de Son Goku, un conxunto de mandos para a consola de Nintendo composto por un mando normal (compatible con Wii MotionPlus) e un Nunchuck de Ardistel, o que supón unha interesante opción para facerse cun mando adicional para a Wii, posto que o prezo do pack é de 39,90 euros. Os mandos incluídos no paquete estarán dispoñibles tanto en branco coma en negro.
Aínda que Revenge of King Piccolo dista moito de ser un xogo perfecto (a prensa especializada dálle unha nota media dun 6,5), resulta moi axeitado para os que queren lembrar as primeiras aventuras de Goku cando era cativo, pois recuperar a súa aparencia clásica, como tamén fan os xogos de Dragon Ball: Origins na Nintendo DS (con bastante maior fortuna).


Trailer do xogo para Wii

PUBLICIDADE