Duke Nukem Forever será unha realidade en 2011
luns, 6 de setembro do 2010
- Na Penny Arcade Expo puido probarse unha demo de Duke Nukem Forever
En 1997 anunciouse o xogo Duke Nukem Forever, coma secuela do Duke Nukem 3D do ano anterior, e as
constantes demoras no seu lanzamento valeulle en numerosas ocasións o tÃtulo do
vaporware do ano, e xa estaba a ser
considerado coma un produto morto despois de que a compañÃa que o desenvolvÃa pechase
o proxecto, pero a pasada fin de semana no marco da Penny
Arcade Expo (pequena feira de videoxogos semestral organizada polos
creadores da tira cómica
electrónica Penny Arcade)a xente de Gearbox Software sorprenderon
anunciando que adquiriran
a marca Duke Nukem a 3D Realms e
continuarÃan o traballo de Take 2 lanzando en 2011 o xogo Duke Nukem Forever e futuras secuelas.
A xogada parece bastante atinada, pois a franquÃa é moi coñecida, e o feito de
que Duke Nukem Forever teña a sona de
xogo que non chegará nunca garante moita atención mediática. Aparte, o estudo
desenvolvedor do xogo acadou importantes éxitos nos últimos anos coma o
inicialmente infravalorado Borderlands
e a saga de Brothers in Arms, polo
que o público pode confiar nun produto digno do que xa puido verse unha versión
de demostración na mencionada Penny Arcade Expo (PAX), onde tamén anunciaron
que 2K Games será a compañÃa encargada da distribución de Duke Nukem Forefer, xogo que sairá en versión para PC, Xbox 360 e
PlayStation 3.
VÃdeo no que podemos ver cómo será Duke Nukem Forever