Economía promove o portal da Artesanía de Galicia e avanza novas axudas á dixitalización

mércores, 8 de xullo do 2020 S. P.

A Consellería de Economía achegou onde detalles sobre a nova web de Artesanía de Galicia, que está dispoñíbel en artesaniadegalicia.xunta.gal e que se ofrece, con obxectivos redobrados nestes tempos de revitalización económica, innovación e dixitalización urxentes, como “o gran escaparate para impulsar a comercialización do sector, con especial protagonismo do produto, as e os artesáns e os oficios”.
Os datos foron subministrados polo conselleiro de Economía, Francisco Conde, nun profesionais deste ámbito celebrado en Noroeste Obradoiro, en Santiago de Compostela. Segundo fixo saber, a orde de axudas para apoiar a comercialización da Artesanía de Galicia incluirá este ano novidades para adaptarse ao actual contexto económico.
A orde axudas será de 330.000 euros e introduce apoios para actuacións dixitais para tendas efémeras, plataformas ou páxinas de marketplace, feiras ou calquera outro evento comercial, nacional ou internacional, celebrados en liña.
Tamén fixo saber que o portal proporciona un lugar propio para cada un dos 687 obradoiros que configuran a marca Artesanía de Galicia.

PUBLICIDADE