Edublogs supera as 100.000 bitácoras
luns, 8 de outubro do 2007Introducción a Edublogs |
Os blogs lograron facerse un oco coma ferramenta de
uso educativo, destacando
algunhas bitácoras galegas, e como grande expoñente deste fenómeno temos
que a rede Edublogs superou os
100.000 cadernos dixitais dos que 63.000 están hospedados baixo o dominio
edublogs.org e 39.000 están dispersos entre webs de estudantes.
Edublogs.org está a ser todo un exemplo con preto de 14 millóns de páxinas
vistas e 500 Gb de largo de banda, o que está levando ós seus responsables
a todo un reto para manter o servizo. Esta plataforma tamén destacou por ser a
primeira en empregar o software WordPressMU (adiantándose incluso a WordPress.com)
e permite publicar blogs de balde a profesores e alumnos, co especial interese
de que conforman unha comunidade ideal para introducirse na blogosfera dende a
perspectiva da educación.