El Poder de la Fuerza contará con novas expansións

luns, 27 de xullo do 2009 Marcus Fernández

Na expansión Tatooine debemos mantar a Obi-Wan Kenobi, atopando no camiño ao cazarrecompensas Boba FettA saga cinematográfica de Star Wars segue con moita forza lonxe da grande pantalla, e tanto na televisión como nas consolas de videoxogos está a vivir sendas aventuras paralelas, resultando especialmente rechamante a última xogada de LucasArts, que anunciou novas expansións descargables para o xogo Star Wars: El Poder de la Fuerza (nas súas edicións de PlayStation 3 e Xbox 360), que están ambientadas en universos paralelos, de xeito que poderemos retomar o xogo partindo de cambios argumentais profundos que situarían a acción fóra da continuidade oficial das aventuras creadas por George Lucas.
Para o outono chegará unha nova trama Infinities, ambientada no planeta Tatooine, e que parte dun final alternativo de El Poder de la Fuerza no que o protagonista tería matado a Darth Vader e tomado o seu lugar a carón do Emperador, converténdose no sith máis poderoso do universo. Esta aventura será enviado a Tatooine para eliminar a Obi-Wan Kenobi, visitando tamén o palacio de Jabba o Hutt e atopándose co coñecido cazarrecompensas Boba Fett.

A expansión de Hoth permitiranos loitar contra Luke Skywalker

E antes de rematar o ano está previsto o relanzamento do xogo nunha Edición Sith que incluirá as expansións que foron saíndo nos últimos meses, incluíndo un nivel exclusivo no que conclúe a trama Infinities e no que Starkiller é enviado ao planeta Hoth para rematar coa Rebelión, tendo que enfrontarse ao propio Luke Skywalker e visitar algunhas localizacións emblemáticas de O Imperio Contraataca.
Tamén anuncian que o xogo chegará a PC e Mac antes de rematar o ano, e matizan que o agardado Star Wars: Las Guerras Clon – Héroes de la República retrasa o seu lanzamento de setembro a outubro.


Trailer das novas expansións para El Poder de la Fuerza

PUBLICIDADE