El Poder de la Fuerza contará nos vindeiros meses con contidos descargables

martes, 30 de setembro do 2008 Marcus Fernández

JPEG - 79.8 KB
Poderemos empregar ao protagonista da primeira triloxía de Star Wars grazas a un contido descargable

A Forza é poderosa nas consolas de videoxogos, e El Poder de la Fuerza non se conforma con ser un dos títulos con mellores vendas das últimas semanas, senón que tamén anunciou que este outono contará con novos contidos no Bazar de Xbox LIVE e en PlayStation Network.
O primeiro pack de contidos descargables incluirá roupas e modelos de personaxes adicionais que se poderán utilizar na campaña de 1 xogador, incluíndo a os clásicos Luke Skywalker e Obi-Wan Kenobi, así coma a outros jedi menos coñecidos (Ki-Adi-Mundi e Kit Fisto).
A finais de ano chegará outro pack que incluirá unha nova misión para 1 xogador, ambientada no tempo jedi de Coruscant, no que Starkiller poderá descubrir máis cousas sobre o seu pai e terá que enfrontarse aos seus demos internos mentres avanza entre os escombros dun edificio en ruínas.
Estes anuncios deberían tranquilizar aos usuarios que acaban de facerse co videoxogo, pois saberán que a diversión vai durar máis do agardado, e o último título de LucasArts dará máis xogo durante os vindeiros meses.

JPEG - 83.6 KB
Kit Fisto será un dos jedi que poderemos empregar no xogo

PUBLICIDADE