El Poder de la Fuerza supera o millón de copias vendidas en 5 días

luns, 22 de setembro do 2008 Marcus Fernández

Pese a que a Europa chegou cuns días de retraso, o xogo Star Wars: El Poder de la fuerza foi capaz de vender 1 millón de copias en só 5 días, e pese a que a crítica considerase coma mediocre este título, os afeccionados aseguran que se trata dun xogos divertido e emocionante, especialmente recomendado para seguidores da saga cinematográfica de George Lucas.
O xogo ten un deseño artístico impecable, uns gráficos realmente espectaculares, está dobrado a distintas linguas, replica a emoción dunha historia sobradamente coñecida (da que escribe un capítulo ata o momento pouco coñecido) e, en definitiva, pese a que non se trata dun xogo perfecto, cumpre coa súa función, de aí que o seu resultado comercial sexa moito mellor do que a crítica nos podería dar a entender.
Este tipo de títulos son os que fan dubidar das análises que fan dos xogos dende a prensa especializada, porque en moitos casos valoran puntos que apenas interesan aos usuarios finais, de xeito que xogos como El Poder de la Fuerza ou Spore convencen ao público, como tamén acontece con fenómenos como a Nintendo Wii (que pese a que a meirande parte dos seus xogos son de dubidosa calidade, acada un éxito atronador).

PUBLICIDADE