Elephone presenta tres novos smartphones

mércores, 7 de xuño do 2017 Marcus Fernández

O fabricante chinés Elephone desembarcou oficialmente en España establecendo sede en Mos, continúa a ampliar o seu catálogo de smartphones con novos terminais con deseños atractivos e prezos axustados, que adáptanse bastante ben á demanda dos consumidores.
Os novos terminais que presenta Elephone corresponderían á familia C1, concretamente o C1 Mini (cun tamaño contido, corpo de metal e tres cores de carcasa) e o C1 Max (con dobre cámara e pantalla de 6 polgadas), aos que acompaña tamén un teléfono moi rechamante polo seu prezo de lanzamento (99,99 euros).

Elephone C1 Max

O Elephone C1 Max é un smartphone 4G que por 169,99 euros ofrece unhas prestacións bastante axustadas. Ten unha xigantesca pantalla de alta definición de 6 polgadas, procesador MediaTek MTK6737 de catro núcleos, 2 GB de RAM, 32 GB de almacenamento ampliable mediante tarxetas de memoria, cámara traseira dual de 13 Mpíxeles e 5 Mpíxeles (esta última para captar os matices das sombras) e cámara frontal de 5 Mpíxeles, Wi-Fi N, Bluetooth 4.0, dobre SIM, radio FM, lector de pegadas dixitais, Android 7.0, batería de 2.800 mAh e carcasa metálica en cor granate, ouro ou negra.

Elephone C1 Mini

O Elephone C1 Mini é un smartphone 4G máis compacto, que véndese a 119,99 euros, e ofrece unhas especificación moito máis discretas. Está baseado tamén nun procesador MTK6737, pero confórmase con 1 GB de RAM e 16 GB de almacenamento, así como cunha pantalla de 5 polgadas e Android 6.0. As súas cámaras son de 8 e 5 Mpíxeles, a súa batería de 2.200 mAh, tamén inclúe lector de pegadas dixitais, radio FM e carcasa de metal en cor azul, ouro ou negra.

Elephone H1

Pero o teléfono que si axusta as súas prestacións ao máximo sería o Elephone H1, que dado o seu prezo de 99,99 euros opta por un procesador MT6580, 1 GB de RAM, 16 GB de almacenamento, pantalla de 5 polgadas, cámaras de 8 e 2 Mpíxeles, sintonizador de radio FM, lector de pegadas, Android 6.0, batería de 2.050 mAh e, como principal compromiso, deixa a un lado a conectividade 4G e aposta só polo 3G.

Compañía con acento galego

O feito de que Elephone teña sede no contorno de Vigo non é algo que resulte indiferente para a compañía, que á hora de comunicar tira proveito do talento galego, como demostrou nos últimos meses fichando ao xogador profesional vigués Mario González para das a coñecer a súa gama de produtos para gamers e, máis recentemente, colaborando co humorista David Amor, que no seu programa Con Amor e Compañía agasalla cada semana aos asistentes con un teléfono de Elephone e unha cámara Elecam 360.

PUBLICIDADE