Elevan a 10 Tb a capacidade máxima dos discos duros de 3,5"
mércores, 10 de setembro do 2014
A poucos dÃas de que Seagate anunciase os primeiros discos
duros comerciais de 8 Tb, HGST (unha filial de Western Digital) anuncia o primeiro
disco duro dirixido a empresa con capacidade de 10 Tb, pensando en atender
ás necesidades de almacenamento de aplicacións na nube, buscando tamén
conseguir unha relacións de capacidade/prezo moi axustada, á vez que unha redución
de consumo no almacenamento de datos a un nivel masivo.
Este disco duro pertence á familia HelioSeal, o que detalla que a unidade está
selada hermeticamente e rechea de helio, o que pretende axudar a unha maior
vida das unidades, xunto cunha redución do seu consumo e da súa temperatura.
Polo momento non se detallou nin o prezo nin a data de lanzamento destas novas
unidades de disco.