Empresarios e innovadores TIC de toda España danse cita hoxe na Toxa

xoves, 6 de novembro do 2008 Fernando Sarasketa

O Hotel Esperia da Toxa, sede dos encontrosA Illa da Toxa acolle hoxe e mañá a primeira edición Congreso Europeo Ineo: Tecnoloxías Emerxentes. A xuntanza, organizada pola dita asociación empresarial tecnolóxica galega, é un evento encamiñado a converter a nosa terra na primeira liña do fluxo de recursos para a produtividade empresarial e a innovación. En boa medida, o que se pretende é facer que o coñecemento se mova, de aí que estean previstos (dentro do propio encontro) encontros de todo tipo ao longo destas dúas xornadas, en maior ou menor medida oficiais. O congreso, que contará coa presenza do presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, está a desenvolverse xa de xeito que as actividades programadas dean lugar a outras, de tipo máis persoal, pero igualmente substanciais para reforzar o noso papel empresarial no sector das novas tecnoloxías. A xuntanza incluirá relatorios e demostracións de casos de éxito no deseño e implantación TIC.
Segundo informa Ineo, estes serán os temas básicos a tratar: loxística (radiofrecuencia RFID), mobilidade, voz sobre IP, Web 2.0, seguridade, contornas de virtualización e evolución de contidos multimedia. A xornada deu comezo esta mañá no Hotel Hesperia da Toxa, cun relatorio sobre supervivencia empresarial de Martín García Vaquero, director do foro de innovación.
O programa restante da xornada de hoxe estrutúrase deste xeito:
· (10.30) Carlos Marquerie. Principal Government & Innovation de Capgemini ConsultingCooperación internacional en tecnoloxías emerxentes.
· (11.00) Christian Barrios. Presidente da Xunta Directiva. Software Associates Corporation. Estratexias de desenvolvemento en TICs emerxentes.
· (12.00) Javier Fernández-Sanguino. Consultor de Gesfor. Contornas de virtualización: deseño de software.
· (12.30) José Vences Benito - Director de Enxeñería. SATEC. Integración e Sistemas Ubicuos.
· (12.45) José Manuel Rey, Alter Itinere. Mobilidade.
· Isabel Fernández Peñuelas. Product marketing & competitive intelligence. FatWire Software. A Web como plataforma.
· (13.30) Diamantino Pérez. Capgemini Iberia & Latam. Web 20: A intelixencia colaborativa aplicada á empresa.
· (14.00) Carmen López. BBVA. Introdución de tecnoloxías emerxentes na banca.
· (16.00) Miguel Ángel Jiménez Izquierdo. Director da División de Consultoría. BPM/SOA .Software Associates Corporation. Seguridade na información.
· (16.30) José Manuel Azcona. Xerente de Legacy Modernization. Software Associates Corporation. Casos de éxito na monotorización intelixente nas sesións de usuario nun gran banco.
· (16.45) Asbjørn Hovstø. Presidente da compañía noruega Portahead. Loxística e RFID.
· (17.00) Daniel González. Empresa Ericsson. Contidos multimedia.
· (17.45) Rudy Bianco (CEO) Empresa Vi-Clone. Impulso de Venda versus Conversión.
· (18.00) Eugenio Martínez Falero. Presidente de ACAP. Casos de éxito de innovación universidade e empresa.
· (18.30) Norberto Penedo Rey. Igape (Instituto Galego de Promoción Económica). Apoios da Administración ao sector TIC.
· (19.00) Juan Carlos Gafo Acevedo. Director do departamento de protocolo. Secretaría Xeral de Presidencia Goberno de España. Como negociar con éxito no mercado internacional TIC.

PUBLICIDADE