empresas
Redegal é xa a principal axencia dixital en México
Redegal, axencia galega de mercadotecnia dixital e servizos de comercio electrónico, vén de facer reconto dos éxitos e recoñecementos obtidos ao longo de 2015, aos que cómpre sumar (este ano) a distinción nos premios eAwards México 2016, da que falamos en Código Cero hai precisamente unhas semanas. Segundo nos lembra a firma galega, en 2015 non só foi premiada (...)
Ler máisEveris contratará 30 profesionais do ámbito tecnolóxico na Coruña
Everis, consultora tecnolóxica multinacional, vén de anunciar a contratación de 30 profesionais na Coruña ao longo dos vindeiros doce meses. Segundo engadiu a compañía de orixe española nun comunicado, a meirande parte das contratacións (o 80%) serán de mozas e mozos recentemente licenciados en Tecnoloxías da Información e a Comunicación (TIC). A porcentaxe (...)
Ler máisO novo delegado da Xunta na Coruña coñece de primeira man o proxecto intelixente de CONGALSA
O novo delegado territorial da Xunta de Galicia na Coruña, Gonzalo Trenor, visitou na mañá deste mércores 11 de novembro as instalacións de CONGALSA na Pobra do Caramiñal, onde foi recibido á súa chegada polo director xeral da compañía, Luis Miguel Simarro, e a directora de Relacións Externas, Isabel Cañas. Durante a súa estadía na sede de CONGALSA, Trenor tivo (...)
Ler máisVitae achega en xullo a nova edición do seu curso de avaliación de perfís TI
Vitae Consultores volve neste inicio do verán cunha destacada actividade formativa, non só en relación ao seu completo e continuo catálogo de cursos TIC, senón dentro do panorama de actividades de adestramento tecnolóxico do panorama galego e estatal. Trátase da edición número 17 dun curso moi acaído para facilitar o día a día das e dos responsábeis dos equipos (...)
Ler máisAbanca e Microsoft impulsan o desenvolvemento da tecnoloxía blockchain en Galicia
Baixo o título de Revelando o potencial de blockchain esta mañá Abanca e Microsoft celebraron un evento no que analizaron o presente de blockchain, a tecnoloxía que está a cambiar as transaccións dixitais ao permitir o intercambio de calquera activo dixital de forma segura optimizando procesos, eliminando intermediarios, aforrando custos e reducindo posibles (...)
Ler máisO ITG ofrece en outubro cinco actividades para axudar ás pemes a avanzar en dixitalización
O Instituto Tecnolóxico de Galicia vai encher o mes de outubro de formación transformadora para as pequenas e medianas empresas, formación para facilitarlles o inevitábel camiño da dixitalización. Farao a través da súa Oficina Acelera PEME, activada en colaboración con Red.es. As vindeiras citas serán as dúas o 5 de outubro (Intelixencia Artificial en pemes: (...)
Ler máisMedra a carteira de clientes de Euskaltel en todos os seus servizos
O Grupo Euskaltel, que integra as marcas Euskaltel, Telecable e máis a galega R, presentou esta semana os seus resultados de actividade relativos ao segundo trimestre de 2019. No informe, como dato destacábel de apertura, reflíctese “un cambio na tendencia de evolución do negocio” ao longo do devandito período. Euskaltel salienta o crecemento na base de (...)
Ler máisA galega Improving Metrics, socia dun ambicioso proxecto europeo sobre a Internet das Cousas, Brain-IoT
A firma galega Improving Metrics, con sede na Coruña e centrada en achegar servizos integrais de analítica e de estratexia dixital (servizos para a recollida, procesamento, explotación e análise de datos sobre o comportamento dos usuarios nos ámbitos dixitais), está a participar nun avanzado proxecto europeo para impulsar, en múltiples aspectos da nosa vida (...)
Ler máisVitae formou 35.000 persoas e entrevistou a 14.000 ao longo dos seus 18 anos de traxectoria
A consultora tecnolóxica Vitae está estes días de celebración, conmemorando os seus 18 anos de actividade achegando formación avanzada ás empresas e aos profesionais dos sectores innovadores galegos e estatais. Co obxectivo de festexalo, a consultora elaborou un vídeo que xa podemos reproducir na Rede e no que se fai un resumo dos principais fitos acadados ao (...)
Ler máisSoftBank ofrece 24.300 millóns de libras por ARM Holdings
Nos últimos anos vimos como o mercado dos procesadores informáticos foi mudando, e tras unha guerra entre AMD e Intel (gañada polo segundo), rexurdiu a vella ARM Holdings grazas aos seus procesadores cunha arquitectura moi eficiente que os facían ideais para dispositivos móbiles, abrindo un novo mercado no que Intel non foi quen de tomar unha boa posición, e (...)
Ler máis0 | ... | 60 | 70 | 80 | 90 | 100 | 110 | 120 | 130 | 140 | ... | 700