empresas
Altia traballará na nova plataforma electrónica integral do IGVS
A firma galega Altia, centrada en servizos de consultoría e solucións tecnolóxico-dixitais avanzadas, vai colaborar coa área de Solucións Tecnolóxicas Sectoriais da axencia autonómica AMTEGA no desenvolvemento da nova plataforma electrónica integral do Inst, proxecto que conta con co-financiamento do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e que ten obxectivo (...)
Ler máisDimensiona achega unha aplicación que fai auditorías de cultivo sen necesidade de rede
A empresa galega Dimensiona rematou o ano presentando detalles dunha innovadora ferramenta para facer avanzar o sector primario na súa transformación cara a modelos máis intelixentes e automatizados: a ferramenta Refuxio, unha aplicación móbil que xorde dos grandes desafíos actuais da agricultura a gran (...)
Ler máisBalidea mostra en Polonia as vertentes da súa aposta polo cliente
Balidea segue a estender o seu radio de acción en Europa: amais da súa intensa actividade en Dinamarca e Reino Unido, está a afianzar presenza en países como Polonia, onde vén de participar no evento Best Outsourcing Pratices Meetup, organizado en Gliwice pola empresa local XSolve para compartir a súa experiencia e coñecemento na prestación de servizos (...)
Ler máisVitae Consultores chega aos 21.000 profesionais formados
A consultora galega Vitae vén de facer balance da súa actividade formadora nas máis avanzadas tecnoloxías, recursos e metodoloxías para axudar aos nosos profesionais e empresas a ser máis competitivos, rendíbeis, innovadores, eficaces e eficientes, unha actividade (con cursos e obradoiros para profesionais e de formato interno para as empresas) que comezou xa (...)
Ler máisAltia estrea oficinas en Palma de Mallorca
A empresa tecnolóxica Altia vén de estrear novas dependencias en Palma de Mallorca, co obxectivo de reforzas a súa presenza nas Illes Balears e e potenciar, nas súas palabras, “o compromiso de Altia co sector público e co ámbito turístico da zona”.
Ler máisVitae organiza entre xaneiro e febreiro a edición 21 do seu curso de avaliación e selección de perfís TI
Vitae comeza 2024 cunha nova axenda de formación útil para as empresas innovadoras do ámbito estatal e galego. Na axenda, para estes meses de xaneiro e febreiro, figura un curso histórico na actividade da consultora galega: o curso Avaliación e Selección Avanzada de Perfís TI, previsto para os días 30 de xaneiro e 1, 5, 7 e 8 de febreiro. O curso, que chega á (...)
Ler máisA viguesa TokApp abre 2018 mostrando as súas aplicacións en cinco feiras internacionais
A empresa galega Tokapp, responsábel da aplicación do mesmo nome (dirixida a facilitar a comunicación no seo das empresas, entidades e asociacións) e de TokApp School (a versión para ámbitos docentes), comeza ano cun completo roteiro de presentacións internacionais. Participará, de arranque, en cinco feiras referenciais de diferentes sectores. O obxectivo da (...)
Ler máisOs segredos da ferramenta de intelixencia nos negocios Power BI centran un curso de Vitae
Sen dúbida entre os recursos máis destacados dos que podemos botar man para tomar as mellores decisións nos negocios atópase a ferramenta Power BI, unha solución formada por un conxunto de ferramentas que permiten obter datos de moi diversas fontes, integralos e convertelos logo en información útil e rendíbel que pode ser compartida en eficaces ferramentas de (...)
Ler máisAltia, elixida para acometer o redeseño do conxunto de portais de madrid.org
A Axencia para a Administración Dixital da Comunidade de Madrid contratou a empresa galega Altia, especializada en servizos de consultoría tecnolóxica, para acometer integramente o redeseño do conxunto de portais que conforman a plataforma www.madrid.org. O obxectivo da axencia, con estes traballos de fonda remodelación das súas ferramentas dixitais, é (...)
Ler máisAvatel ampliará a súa cobertura en Ribeira a 1.000 novos fogares e empresas
A operadora Avatel, presente dende hai un ano na comarca do Barbanza a través da súa sede na rúa de Galicia en Ribeira, proporcionará Internet de alta velocidade a 1.000 novos fogares da dita localidade e máis da parroquia de Palmeira. A compañía anunciou esta novidade ao tempo que fixo saber que ten unha cobertura (con rede de banda larga) que chega a case (...)
Ler máis0 | ... | 270 | 280 | 290 | 300 | 310 | 320 | 330 | 340 | 350 | ... | 690