empresas
Teimas obtén un recoñecemento internacional pola súa plataforma tecnolóxica ZERØ
A empresa galega Teimas, referente en tecnoloxías para favorecer a economía circular e a sustentabilidade (con clientes dentro e fóra do ámbito estatal, incluídas a administración española e 400 empresas centradas na xestión de refugallos), comezou o ano recibindo un importante recoñecemento ao seu labor de desenvolvemento e innovación. Trátase da consecución da (...)
Ler máisVodafone levará a súa rede 5G a 81 concellos galegos antes de que remate o ano
No marco do MWC22, Vodafone España vén de anunciar que vai ampliar a cobertura de “5G real” ao 46% da poboación, alcanzando preto de 1.000 municipios, a finais deste ano. Destes case 1.000 municipios (entre os que se atopa un bo feixe de concellos galegos: 81), 133 son poboacións de máis de 50.000 habitantes, 605 poboacións entre 1.000 e 50.000 e 245 son (...)
Ler máisZendal, FINSA, Televés e Vodafone pechan fileiras a prol do hub galego DATAlife
O Grupo Zendal, FINSA, Televés e a operadora Vodafone, as catro empresas tractoras socias de DATAlife Hub de Innovación Dixital (DIH, nas súas siglas en inglés), veñen de xuntar novos esforzos para impulsar a estratexia de transformación tecnolóxica deste hub galego, que pretende beneficiar os procesos dunhas 3.700 pemes galegas dun amplo abano de sectores (...)
Ler máisCoremain participa nun proxecto para facilitar misións críticas de emerxencia dende o ar
A empresa galega Coremain, emprazada no Polígono de Costa Vella de Santiago, é unha as impulsoras e participantes do Proxecto Enxame (Proyecto Enjambre), unha iniciativa estatal para encamiñar e facilitar misións críticas de emerxencia con medios aéreos tripulados (e non tripulados) en voos cooperativos. Segundo fai saber a firma galega, Enxame centrarase en (...)
Ler máisVitae móstranos en febreiro como actualizar e migrar á nova versión 15 de Angular
A consultora galega Vitae vai comezar o ano cun curso de gran interese para a nosa comunidade de desenvolvedores e desenvolvedoras de ferramentas, aplicacións e recursos informáticos de toda índole, unha actividade formativa con potencial de abondo para mellorar a súa actividade profesional diaria. O curso (convocado en formato de aula virtual) (...)
Ler máisBalidea pon a súa experiencia ao servizo da nova web das Illas Atlánticas
A páxina web sobre o Parque Nacional das Illas Atlánticas da que falamos en Código Cero con motivo do seu lanzamento foi desenvolvida pola empresa tecnolóxica galega Balidea. Fíxoo empregando a versión 9 do coñecido xestor de contidos Drupal, poñendo a súa experiencia ao servizo dun sitio que quere ser de utilidade para os visitantes á vez que divulgador dende o (...)
Ler máisVitae achega unha nova oportunidade formativa para convértenos en expertos en Cypress
Vitae Consultores, a través da súa aula virtual, ofrece coa chegada da primavera unha nova edición (a terceira) do seu Curso Testing e2e avanzado con Cypress, de doce horas de formación. Consiste en termos xenéricos nunha nova oportunidade para evolucionar nos nosos coñecementos en programación e desenvolvemento TIC e, en termos concretos, nunha nova fonte de (...)
Ler máisEGATEL anuncia un innovador sistema de comunicacións por satélite
Durante a visita ás instalacións en Ourense de EGATEL do conselleiro de Economía (visita da que falamos os días pasados dende Código Cero), Francisco Conde, a compañía tecnolóxica galega fixo unha serie de anuncios importantes sobre a súa actividade vindeira. Entre outras cousas, deu a coñecer que está a desenvolver os últimos detalles dun sistema de comunicacións (...)
Ler máisCO2 Smart Tech supera as 100 instalacións do seu sistema intelixente de xestión enerxética
A firma innovadora CO2 Smart Tech, con sede en Oleiros e centrada no fornecemento de tecnoloxías avanzadas de control e xestión enerxética en liña, vén de informar dos seus fitos recentes en materia de espallamento dos seus sistemas. Segundo informa, xa deixou atrás o centenar de instalacións nas que se implantou o seu sistema co2st-tem de monitoraxe (...)
Ler máisVitae convértenos cun novo curso en expertos en testing
Se ben a formación innovadora foi sempre unha das mellores armas dos profesionais e das empresas para medrar no mercado laboral e empresarial, nestes tempos de crise sanitaria e económica este tipo de formación aínda cobra máis protagonismo e urxencia. Vitae, unha das máis activas consultoras tecnolóxicas dos ámbitos galego e estatal, sábeo ben, de aí que nos (...)
Ler máis0 | ... | 310 | 320 | 330 | 340 | 350 | 360 | 370 | 380 | 390 | ... | 690