empresas
A empresa TIC Dos Espacios, recoñecida coa distinción C+ polas súas medidas de conciliación
A empresa galega Dos Espacios Internet Consulting vén de ser recoñecida coa distinción C+ polas súas medidas de conciliación como Empresa Familiarmente Responsábel. O recoñecemento, en palabras da empresa de Vilagarcía, certifica a súa aposta firme por incrementar a calidade de vida das súas traballadores e traballadores como “estratexia cara ao éxito (...)
Ler máisVodafone lanza o seu segundo Reto 5G
A operadora de telecomunicacións Vodafone anunciou finalmente o reinicio do seu Reto 5G, unha proposta xeral da empresas para promover servizos, produtos e proxectos de innovación para empresas e particulares que empreguen o devandito estándar móbil. Dito doutro xeito: trátase de mobilizar contribucións tecnolóxicas que “liquiden problemas de amplo impacto” a (...)
Ler máisBalidea celebrou en familia os seus 15 anos de andaina
A firma compostelá Balidea, un dos nosos máximos referentes TIC (por produtos, por innovación, por presenza en mercados), festexou o pasado venres os seus 15 anos de traxectoria no sector tecnolóxico-dixital galego. O encontro, celebrado no Pazo do Faramello (Rois), xuntou a práctica totalidade dos/as 180 profesionais que conforman a empresa, procedentes da (...)
Ler máisA tecnoloxía Tiivii de Cinfo esperta o interese da televisión xaponesa
Cinfo, compañía galega de sistemas intelixentes audiovisuais, vén de esperar coas súas máis recentes contribucións o interese da televisión xaponesa, máis polo miúdo da cadea local TV Setouchi, que está a valorar a implantación no seu seo da tecnoloxía smart de Cinfo para a produción automática de vídeo na nube: a tecnoloxía Tiivii. Os representantes da dita canle, (...)
Ler máisBonilla a la Vista aposta polo dixital
A coñecida marca galega Bonilla a la Vista está a renovar a súa comunicación, rematando 2019 cunha páxina web corporativa máis accesible e intuitiva, na que destaca a súa tenda en liña, que promete entregas en 24-48 horas e gastos de envío de balde a partires de 25 euros de compra, buscando así completar a distribución física dunha compañía que comercializa as (...)
Ler máisVitae prepáranos en decembro para obter a prestixiosa acreditación PMP
Fóra dos ámbitos profesionais TIC, as siglas PMP non son aínda grandes coñecidas, pero no sector de proxectos dixitais a súa presenza é constante e presentan unha serie de retos relevantes para o colectivo desenvolvedor: van directamente relacionadas coa procura de novos e mellores xeitos de traballar. Para quen non o saiba, son as siglas de Project (...)
Ler máisVitae subminístranos claves de ciberseguridade para as linguaxes máis estendidas
A ciberseguridade, amais dun desafío en si mesmo, pon en xogo unha serie de oportunidades de adestramento, capacitación e desenvolvemento persoal para os nosos profesionais. Ademais, obrígalles a facer fincapé nunha tarefa que moitos xa teñen asumida: actualizar o seu coñecemento. Sobre este punto apóiase o curso Desenvolvemento Seguro ante Ciberataques para (...)
Ler máisAmazon abrirá un centro loxístico no Porriño
Amazon anunciou hoxe que está a ultimar a apertura dunha nova estación loxística no concello do Porriño, onde traballará con dúas empresas de reparto independentes para proporcionar a entrega rápida e fiable que os clientes da compañía de Jeff Bezos valoran. Esta nova instalación terá 4.000 metros cadrados, creará máis de 30 postos de traballo e tamén suporá que (...)
Ler máisVitae achéganos a segunda edición do seu curso sobre Power BI
A consultora galega Vitae prosegue coa súa formación avanzada para profesionais da innovación cun completo menú de contidos anti-crise e anti-COVID. Nesta súa axenda de cursos virtuais (unha axenda adaptada plenamente ás posibilidades que nos ofrecen as novas ferramentas) inclúese para os días vindeiros a segunda edición do curso Power BI: Visualización e Data (...)
Ler máisComo facer aplicacións limpas, ao detalle nun novo curso de Vitae Consultores
Quen traballe facendo desenvolvementos informáticas saberá o importante que é traballar en grupo, de xeito participativo e enriquecedor. Para que isto ocorra e para lograr que a contribución de cada persoa implicada chegue a bo porto, asegurando o máis óptimo resultado final do desenvolvemento, fai falta seguir unha serie de pautas de traballo. Estas pautas (...)
Ler máis0 | ... | 10 | 20 | 30 | 40 | 50 | 60 | 70 | 80 | 90 | ... | 700