empresas
Vitae converteranos en expertos no manexo de datos a través de Microsoft Power Excel
A consultora galega Vitae vai achegar este mes de abril unha importante novidade: un curso avanzado centrado nas posibilidades de xestión da información que pon en xogo Microsoft Power Excel con Power Query, Power Pivot e DAX. Será unha actividade formativa de 20 horas, a desenvolver en formato en liña (a través da Aula Virtual de Vitae) os días 19, 20, 21, (...)
Ler máisAldaba doa equipos informáticos á poboación ucraína refuxiada en Galicia
A empresa coruñesa Aldaba vén de compartir os detalles dunha iniciativa solidario-tecnolóxica co pobo ucraíno, asolado pola guerra perpetrada por Rusia ha xa 111 días. A iniciativa consistiu nunha doazón de equipos informáticos destinados a persoas refuxiadas do país da Europa do Leste en Galicia. En concerto, irán dirixidos a 11 estudantes ucraínos residentes (...)
Ler máisVagalume desenvolve unha app para aforrar custes e enerxía en instalacións fotovoltaicas
O grupo empresarial enerxético Vagalume Energía vén de presentar a que sería, nas súas palabras, a primeira aplicación online galega destinada a determinar o custo e o aforro dunha instalación fotovoltaica para fogares e empresas. Trátase dunha ferramenta que a través dun algoritmo propio, e empregando a tecnoloxía de cartografía de Google Maps, permite coñecer (...)
Ler máisContact mostrou ás empresas ourensás o que poden facer coas súas webs e blogs para gañar competitividade
Este mércores 18 de abril celebrouse na Tecnópole de Ourense unha charla sobre as vantaxes da dixitalización para as empresas e sobre os pasos a seguir para conseguila plenamente. O encontro, dirixido a empresarias/os da Tecnópole e do Polígono de San Cibrao das Viñas, consistiu nun almorzo tecnolóxico con César González, director executivo (CEO) de Contact (...)
Ler máisTelefónica Open Future organiza un desafío virtual encamiñado ao turismo e o emprendemento social
Telefónica Open Future, o programa global para apoiar o talento dos emprendedores, NH Hotel Group e Acción contra a fame únense para levar adiante o Open Future VR Challenge, a primeira convocatoria para que emprendedores de todo o mundo elaboren solucións de realidade virtual para os sectores de turismo, industria e emprendemento social. A finalidade deste (...)
Ler máisVitae expón as claves dunha selección ideal de profesionais TI
Vitae Consultores vai organizar a cabalo entre xuño e xullo a nova edición (a número 15) dunha actividade formativa moi indicada para facilitar o día a día das e dos responsábeis dos equipos humanos nas empresas tecnolóxicas e, tamén, das persoas encargadas dos departamentos de RR HH. O Curso Avaliación e Sección Avanzada de Perfís TI terá 15 horas de duración e (...)
Ler máisTelefónica pon a disposición de Navantia unha plataforma dixital para o deseño e construción dos buques de armada
Telefónica vén de chegar a un acordo tecnolóxico con Navantia que iría destinado a facilitar e optimizar a construción naval. En concreto, a través desta alianza poríanse a disposición de Navantia unha innovadora plataforma dixital coas últimas tecnoloxías no deseño, construción e apoio ao ciclo de vida dos buques da Armada. O obxectivo é contribuír no plan de (...)
Ler máisA galega Balidea ampliou coa súa presenza en Dinamarca os seus horizontes tecnolóxicos
Varios estudos e informes internacionais teñen cualificado a Dinamarca como o país onde os seus habitantes son máis felices. É tamén a terra dos viquingos, o máis meridional dos países nórdicos, o país menos corrupto do mundo, o máis igualitario e o territorio das máis de 400 illas, incluídas as rexións autónomas de Grenlandia e as illas Feroe e só unido a Europa (...)
Ler máisO Grupo Euskaltel conseguiu 11.300 novos clientes no segundo trimestre de ano
Euskaltel presentou o balance da actividade do grupo de telecomunicacións, do que forma parte a galega R, durante o segundo trimestre do ano. Entre os datos máis destacados figura o relativo á súa capacidade para “facer mercado”, que guindou cifras récord en medre de clientes (11.300 novos), en rendibilidade e máis en beneficio neto (que aumento un 50%). Os (...)
Ler máisA plataforma galega Vidiv acada a máxima contía dos Next Generation
Vidiv, plataforma galega dirixida para retransmitir grandes eventos, vén de comunicar que foi seleccionada entre os máis de 570 proxectos de base tecnolóxica que se presentaron á iniciativa Neotec, organizada pola entidade pública empresarial CDTI, dependente á súa vez do Ministerio de Ciencia e Innovación. Finalmente, 125 proxectos de toda España (...)
Ler máis0 | ... | 40 | 50 | 60 | 70 | 80 | 90 | 100 | 110 | 120 | ... | 660