En decembro lánzase o txtr, un lector de e-books con Wi-Fi
xoves, 15 de outubro do 2009
Os lectores de
libros electrónicos non paran de chegar ao mercado, e aproveitando a
celebración da Feira do Libro de Frankfurt, a empresa xermana Wizpac anunciou
que o seu xa
coñecido txtr chegará finalmente ao mercado o vindeiro 1 de decembro a un
prezo de 319 euros, o que resulta bastante atractivo se temos en
conta que falamos dun dispositivo cunha pantalla de papel electrónico de 6
polgadas cunha resolución de 600 x 800 pÃxeles, con 16 niveis de gris, un
procesador ARM11 a 532 MHz, 64 Mb de SDRAM, 8 Gb de almacenamento nunha tarxeta
microSD incluÃda, acelerómetro para axustar a orientación de lectura e
conectividade Wi-Fi.
Este último elemento serÃa o detalle que realmente farÃa destacar ao txtr, que poderÃa sincronizarse sen
fÃos cos contidos de txtr.com, para o que haberÃa que contratar un servizo
opcional que custa entre 11,99 e 14,99 euros/mes (dependendo do perÃodo de
subscrición).
Os contidos tamén poden cargarse ao lector a través de USB 2.0, e é compatible
co formato EPUB, polo que estamos ante un dispositivo máis aberto que o Kindle de Amazon, aÃnda que o terá difÃcil para
competir no mercado nun momento nos que os prezos comezan a ser agresivos, e
grandes distribuidores poderÃan entrar nesta guerra de produtos.