En maio PlayStation Plus incluirá o xogo FIFA 22
mércores, 27 de abril do 2022
AÃnda
que os xogos incluÃdos no servizo de subscrición PlayStation Plus foron de
pouca importancia nos últimos meses, a actualización que chegará o 3 de maio será
especialmente rechamante por incluÃr
o relevante xogo FIFA 22 para PS5 e PS4, o que supón un grande
reclamo para os que aÃnda non se achegaron a este xogo dende o seu lanzamento. O xogo non
só permite gozar do modo Carreira, senón que tamén permite gozar de partidos na
rúa no modo Volta Football e tamén gozar dos modos multixogador en liña e local
para PS4 e PS5. Os membros de PS Plus tamén poderán gozar do Ultimate Team,
para o que contan cun pack que inclúe 11 xogadores cunha puntuación de 82 ou
superior para cerar un dream team no FIFA 22 Ultimate Team.
Adicionalmente distribuirase con PlayStation Plus o xogo de rol e supervivencia
Tribes of Midgard, para PS4 e PS5, e
o xogo para PS4 Curse of the Dead Gods, xogos de pouca importancia que
basicamente cubrirÃan o número de tÃtulos destinados a completar o mes.