En marcha Galicia Olímpica, a web para seguir aos deportistas galegos en Toquio
martes, 27 de xullo do 2021
A
Xunta vén de poñer en marcha a nova web
Galicia
Olímpica
que recolle toda a información sobre os 21 deportistas olímpicos e
14 paralímpicos galegos que participan nestas datas na celebración
dos Xogos Olímpicos e Paralímpicos de Toquio.
A nova
páxina web nace da colaboración entre a Consellería de Emprego e
Igualdade e a Secretaría Xeral para o Deporte que ademais, axudan
aos deportistas coas Axudas Reto Galicia Toquio
con Igualdade 2021 que achegan aos competidores un total de 300.000
euros. Deste xeito os deportistas galegos levan a Toquio a campaña
NON
contra a violencia de xénero.
O espazo
web recolle, ademais do calendario dos deportistas galegos con todos
os detalles das probas nas que compiten, a información ao momento
sobre os seus resultados. Tamén contén extensas entrevistas
personalizadas para coñecer máis a fondo aos deportistas que
compiten de Galicia. “A alegría do esforzo do olimpismo é a que
sentes todos os integrantes da delegación galega que nos representa
en Toquio”, destacou o secretario xeral.