Epic Games adquire o estudio de videoxogos Harmonix

martes, 23 de novembro do 2021 Marcus Fernández

Epic Games pechou un acordo para facerse co estudio de videoxogos Harmonix, responsable de franquías como Rock Band e Dance Central e considerado como o grande referente no xénero dos xogos musicais, co que Epic busca desenvolver viaxes musicais e outras mecánicas dentro de Fortnite.
Dende Harmonix queren deixar claro que a súa absorción por parte de Epic Games non supón o abandono dos seus proxectos actuais, polo que o xogo Rock Band 4 continuará a recibir contidos durante o que queda de ano e durante o ano que vén. Tampouco teñen previsto ningún cambio no que se refire ao soporte do seu catálogo de xogos.

PUBLICIDADE