Epic Games regala por tempo limitado o Farming Simulator 22
venres, 24 de maio do 2024
A tenda de xogos para PC de Epic Games continúa a ofrecer xogos de balde para atraer a usuarios a darse de alta e instalar o seu lanzador de xogos, buscando asà consolidarse como unha alternativa a Steam, e até o vindeiro dÃa 30 o xogo que empregarán como reclamo é unha agradable sorpresa: Farming Simulator 22.
O simulador de Giants Software é todo un éxito entre os xogadores que gustan de certos tÃtulos tranquilos, nos que hai que xestionar recursos á vez que mantense certa fidelidade conforme aos elementos que entran en xogo, de xeito que os afeccionados a un ámbito determinado poden gozar da súa recreación pausada.
Neste caso Farming Simulator 22 permite meternos na pel dun granxeiro actual para construÃr unha granxa en tres contornos americanos e europeos. Ofrece unha grande variedade de elementos, céntrase na agricultura, a crÃa de animais e a silvicultura, e incluso obrÃganos a ter en conta os cambios de estación.
Está considerado un grande xogo relaxante, educativo e ideal para principiantes, e aÃnda que xa conta cunha versión máis moderna (Farming Simulator 23), a versión de 2022 é dabondo para poder gozar da experiencia de recrear a nosa propia granxa empregando incluso maquinaria real de marcas como John Deere, New Holland ou CLAAS. O xogo incluso conta con levar o dÃa a dÃa da granxa de xeito cooperativo no seu modo multixogador.