Espacio Coruña acollerá unha serie de charlas para tirar proveito profesional das redes sociais
xoves, 10 de marzo do 2016
Para
atender á demanda de formación sobre o aproveitamento persoal e profesional de
redes sociais durante os vindeiros meses Manolo Rodríguez, xornalista,
responsable de redes sociais do xornal La Opinión A Coruña e blogueiro (que
conseguiu colocar o seu espazo desenredandolared.com entre as 50 páxinas web galegas máis
populares), impartira unha serie de 7
relatorios no Espacio Working_ sito no primeiro andar do Centro
Comercial Espacio Coruña, que orbitan ao redor do cancelo #charlasdigitalesEC e
botarán a andar o vindeiro sábado ás 11:30 horas cunha charla sobre as Claves para ter un grande blog, coa que
Rodríguez afondará no uso de bitácoras de Internet como vehículo para crear
contidos e compartilos na Rede, desvelando as pautas a seguir para conseguir “un
grande blog”.
Esta serie de relatorios consistirán en presentacións de 45 minutos tras as que
se abrirá unha quenda de preguntas de 15 minutos, e xa teñen data o resto de
charlas que se repartirán ao longo do presente ano:
- 9 de abril: Como escribir artigos
efectivos para un blog
- 21 de maio: SEO para os que non saben
nada de SEO
- 11 de xuño: Como sacar o máximo
partido das redes sociais
- 10 de setembro: Como espremer a túa
presenza en LinkedIn
- 8 de outubro: Como usar Twitter de
xeito profesional
- 12 de novembro: Tendencias
tecnolóxicas: o futuro é agora