Estréase a beta de Street Fighter II Turbo HD Remix en Xbox Live Arcade

mércores, 25 de xuño do 2008 Marcus Fernández

JPEG - 106 KB

Os usuarios que mercaron World of the Battlefield: Commando 3 en Xbox Live Arcade serán os primeiros e poder gozar na Xbox 360 da versión de proba de Street Fighter II Turbo High Definition Remix.
Neste xogo de proba poderanse elixir só aos personaxes Ryu e Ken, así como competir en liña, o que axudará a Capcom a probar o desenvolvemento do futuro xogo en rede. A beta inclúe varios modos de xogo e funcionará durante unhas 8 semanas.

PUBLICIDADE