Estudantes da UVigo gañan o segundo premio do Reto SofIA para o Fogar de Telefónica
xoves, 2 de decembro do 2021- Javier Abia, integrante do equipo Fundación (segundo pola dereita) xunto a Susana Jurado e Pablo López Coya de Telefónica
O
equipo Fundación, integrado por estudantes da Universidade de Vigo,
logrou co seu proxecto de ferramenta tecnolóxica Tomando o
control do consumo do fogar o segundo premio do I
Reto SofIA para o Fogar, impulsado por Telefónica desde o seu
programa de bolsas Talentum, Rede de Cátedras e o Open Innovation
Campus.
A
solución do equipo da UVigo, integrado por Martina Páramos,
alumna da Escola de EnxeñarÃa de Telecomunicacións da Universidade
de Vigo, Javier Abia, estudante de FÃsica na Universidade de
Santiago de Compostela, e Juan Alberto Abia, graduado da Escola de
EnxeñarÃa Industrial de Vigo, propón un sistema dirixido a reducir
o consumo eléctrico dos fogares, ofrecendo, a partir da lectura do
sinal da corrente do contador da vivenda, información ao usuario
sobre o consumo e o comportamento dos diferentes electrodomésticos
ou luces da mesma.
Durante
a súa participación e para presentar as propostas de transformación
e innovación, os alumnos contaron con recursos, clases maxistrais e
asesoramento de diferentes equipos multidisciplinares de expertos da
compañÃa.
As
ideas gañadoras, dotadas cun premio de 3.000 euros no caso do
primeiro clasificado, Sonidos del Hogar, do equipo Indiana,
composto por Andrés Ortiz (Universidade Pontificia de Comillas de
Madrid) e Luis Ibañez (Universidade Carlos III de Madrid), e de
1.500 euros, no caso de segundo premiado, foron seleccionadas tras a
avaliación realizada por un comité de expertos de Telefónica, que
valorou aspectos como a relevancia da idea presentada, o modelo e
innovación baseado en Intelixencia Artificial ou o perfil dos
integrantes de cada equipo. Tamén a presentación da solución
proposta durante a DemoDay celebrada en Distrito Telefónica o pasado
23 de novembro.
Estas
iniciativas e retos de innovación aberta forman parte de Open
Innovation Campus, o lugar de encontro entre Telefónica e mundo
académico.