Europa pide unha mellor protección dos menores nas redes sociais

luns, 3 de outubro do 2011 Marcus Fernández

Neelie Kroes é a responsable da Axenda Dixital da U.E., e quen reivindica unha maior protección dos menores na Rede

A Comisión Europa instou ás compañías responsables de plataformas de redes sociais á garantir unha mellor protección do menor tras comprobar que de 9 plataformas analizadas, só Habbo Hotel e Xbox LIVE están configuradas de xeito predeterminado para que os perfís persoais dos menores só sexan accesibles para a súa listaxe de contactos aprobados; aínda que tamén é certo que a meirande parte dos sitios examinados facilitaban información aos mozos sobre seguridade, en 7 dos casos contestaron efectivamente a solicitudes de axuda (normalmente en menos dun día).
As plataformas analizadas no informe mencionado son Skyrock (bitácoras), Xbox LIVE (xogos), YouTube, DailyMotion e Flickr (vídeos e fotografías), Habbo Hotel e Stardoll (mundos virtuais), Windows Livee Yahoo! Pulse; poñéndose a proba entre marzo e xuño do presente ano.
Sobre este tema Neelie Kroes, vicepresidenta da Comisión Europa e responsable da Axenda Dixital, declarou o seguinte: «os mozos gozan e sacan grandes vantaxes das redes sociais en liña, pero non están o bastante ao corrente dos riscos como a captación de menores. Os sitios de redes sociais teñen que tomar en serio as súas responsabilidades para eses mozos. Teño a intención de abordar estes temas máis adiante este ano dentro dunha estratexia global para facer a Internet máis segura para os nenos mediante unha combinación de medidas de capacitación e protección».

PUBLICIDADE