Eve: Valkyrie será un xogo de lanzamento exclusivo para Oculus Rift
xoves, 6 de febreiro do 2014
Parece que os lentes de realidade virtual de Oculus VR
confÃan en ser o vindeiro bombazo do
sector dos videoxogos, e CCP Games confirma que a proba de concepto que amosaban
nalgunhas feiras de videoxogos, EVE:
Valkyrie, non vai quedar nunha simple demostración do que poden dar de si
as Oculus Rift, senón que será
un xogo exclusivo de lanzamento, converténdose na primeira grande produción
feita para xogos de realidade virtual.
A relación entre Oculus VR e CCP Games foi moi próxima nos últimos meses, polo
que non sorprende que vaian levar adiante este xogo de acción en realidade
virtual ambientado no universo de EVE
Online, que xa conta cun trailer dende hai varios meses, no que prevén o
seu lanzamento en 2014, data que descoñécese se será certa, pois o lanzamento
comercial de Oculus Rift continúa a ser un misterio, limitándose polo momento a
ser un produto para desenvolvedores.
Pese a descoñecerse cando será unha realidade, EVE: Valkyrie xa recibiu media ducia de premios, como o mellor xogo
para PC da pasada feira E3 segundo PC
Gamer e o xogo máis innovador para IGN, o que fai que sexa moita a expectación
dos afeccionados aos xogos de combate espacial, que poderán levar a súa
afección a un nivel superior, grazas ao enriquecemento da experiencia que
permitirá a realidade virtual.
VÃdeo promocional de EVE: Valkyrie