FEZ chegará a Steam o 1 de maio

luns, 18 de marzo do 2013 Marcus Fernández

O desenvolvemento do xogo independente FEZ foi tortuoso, pero conseguiu publicarse en 2012 para Xbox 360 cunhas vendas bastante boas e cunha crítica magnífica, que incluso levouno a ser considerado coma o Xogo do Ano 2012 por parte de Eurogamer, pero a vida deste título está lonxe de rematar, e agora está a prepararse o seu salto a novas plataformas, sendo a primeira das mesmas o PC, confirmándose que o vindeiro 1 de maio chegará a Steam, tenda en liña que máis adiante tamén incorporará versións para OS X e Linux deste orixinal xogo protagonizado por Gómez, unha criatura bidimensional que descubre a terceira dimensión, o que permítelle atopar solucións a numerosos quebracabezas e descubrir segredos e tesouros ocultos.
Este xogo foi un dos títulos que protagonizou o documental Indie Game: The Movie, o que contribuíu a facelo moi agardado entre xogadores de PC, e nun encontro dixital en Reddit, o desenvolvedor do xogo, Phil Fish, desvelou non só o lanzamento en Steam da súa creación, senón tamén que tamén podería chegar a PlayStation Network e PS Vita, e incluso á consola baseada en Android OUYA. O que parece desbotar polo momento e o lanzamento do xogo para Nintendo 3DS, pois considera que non tería moito sentido amosar FEZ nunha pantalla 3D.

FEZ é un dos xogos que centrou a atención do documental Indie Game: The Movie

PUBLICIDADE