FIFA 14 chega a Windows Phone 8

venres, 28 de febreiro do 2014 Marcus Fernández

Meses despois da súa estrea na App Store e en Google Play, chega o xogo FIFA 14 a Windows Phone 8, repetindo a fórmula do free-to-play que esta temporada decidiu adoptar Electronic Arts na versión móbil do seu xogo de fútbol, de xeito que os usuarios poderán realizar pagamentos dentro da aplicación para poder mellorar o seu equipo ou adquirir novos modos de xogo.
Este título que ofrece 34 ligas con máis de 600 equipos e máis de 16.000 xogadores só será compatible con terminais con Windows Phone 8 que teñan un mínimo de 1 Gb de RAM, precisando tamén de bastante espazo de almacenamento interno, pois só a súa descarga xa ocupa 888 Mbytes (a tras o proceso de instalación acapara 1 Gb de disco).

O xogo por fin pode gozarse de balde en terminais con Windows Phone 8 e un mínimo de 1 Gb de RAM


Trailer da versión móbil de FIFA 14

PUBLICIDADE