FIFA 19 liderou as vendas na PlayStation Store en 2018
venres, 11 de xaneiro do 2019
AÃnda
que 2018 foi o ano de Fortnite, que
este tÃtulo free-to-play tivese un
forte impacto non impediu que os clásicos
conseguisen manter as súas posicións lÃderes en vendas, en no repaso
das vendas da PlayStation Store en 2018 non sorprende que o xogo máis
vendido fose unha vez máis FIFA
19, seguido doutro imprescindible para moitos xogadores, Call of Duty: Black Ops 4, de xeito que o
xogo máis importante do ano, Red Dead
Redemption 2 tivo que conformarse cun 3º posto, seguido por Grand Theft Auto V (que coas súas
rebaixas captou a moitos xogadores ao seu modo de xogo en liña), God of War (para moitos, o xogo do ano)
e Marvel’s Spider-Man (o grande éxito
da campaña de Nadal en PS4).
Sorprende ver como FIFA 18 e Gang Beasts conseguiron coarse nos postos
7 e 8 das vendas, ou Rocket League na
posición 9, de xeito que os tÃtulos multixogador conseguiron imporse a Far Cry 5 (no 10º posto) e a outros
xogos bastante fortes como Battlefield 1
(11) ou Horizon Zero Dawn (12).
Para PlayStation VR xa non resulta tan sorprender comprobar que Beat
Saber, herdeiro dos xogos de ritmo que tanto éxito tiveron no paso,
coróase como o rei da realidade virtual en PS4, pese a saÃr á venda a finais de
novembro.
Iso si, o fenómeno de Fortnite si que
deixouse notar na listaxe de vendas dos contidos descargables, de xeito que os 7
DLC máis vendidos foron para este xogo, entrando a maiores no Top 10 só Call of Duty: WWII, Horizon Zero Dawn e Marvel’s
Spider-Man.