FIFA 19 poderase adquirir en varios lotes con consolas PS4

martes, 14 de agosto do 2018 Marcus Fernández

O 28 de setembro sairá á venda o agardado xogo FIFA 19 e, como vén ser habitual, o xogo de fútbol de EA Sports chegará acompañado de lotes de consolas PlayStation 4 co xogo, que anunciaron hoxe mesmo, e que chegarán precedidos polo pack PS4 Champions Edition de 1 TB, á venda xa o 25 de setembro, xa que o xogo incluído, FIFA 19 Champions Edition en disco Blu-ray, inclúe acceso anticipado de 3 días a título deportivo.
Esta versión de FIFA 19 tamén inclúe até 20 sobre Ouro Jumbo Premium para FIFA Ultimate Team (recibirase un sobre á semana), un obxecto de xogador UEFA Champion League, un período de cesión durante 7 partidos de FIFA Ultimate Team de Cristiano Ronaldo e Neymar Jr., e equipamentos FIFA Ultimate Team de edición especial.
Na data ordinaria de lanzamento (o 25 de setembro) os lotes de xogo + consola que sairán á venda, serán cinco, e incluirán todos a versión estándar de FIFA 19, que ofrecerase cunha PS4 de 500 GB con 1 ou 2 mandos DUALSHOCK 4, cunha PS4 de 1 TB con 1 ou 2 mandos DUALSHOCK 4 e tamén cunha PS4 Pro de 1 TB cun mando DUALSHOCK 4.
Todos os lotes incluirán un código de cupón que desbloquea 3 xogadores icona de FIFA Ultimate Team cedidos durante 5 partidos e 1 sobre de xogadores pouco comúns de FIFA Ultimate Team.

Ao venderse cun xogo de fútbol semella natural que haxa lotes de PS4 con dous mandos DUALSHOCK 4

PUBLICIDADE