Facebook anuncia un "revolucionario" sistema de traducción simultánea

martes, 5 de outubro do 2010 Raquel Noya

Revolucionario” foi o adxectivo que Randy Zuckerberg, irmá do fundador de Facebook, Mark Zuckerberg, empregou para describir o último proxecto no que traballan estes pioneiros para mellorar a súa rede social, a que conta con máis usuarios en todo o mundo, que pronto poderán usar un sistema de tradución simultánea de seu. Segundo afirmou a directora de marketing de Facebook (posto que ostenta na compañía de seu irmán), durante a súa intervención nunha xornadas celebradas na Universidade de Barcelona, Facebook “proxecta contar cun sistema de tradución simultánea a medio prazo”, unha ferramenta que segundo palabras da relatora, cando se poña en marcha será, canto menos “revolucionario”. Os responsables desta rede social, que na actualidade xa está dispoñible en setenta idiomas, plantexan asemade o lanzamento dun espazo dende o que se fomente a paz mundial (Peace on Facebook) e, segundo palabras da experta, “a intención é traballar en proxectos de cooperación internacional”.

PUBLICIDADE