Facebook desactivará o seu sistema de recoñecemento facial
mércores, 3 de novembro do 2021
A preocupación do público pola privacidade provocou un
grande rexeitamento cara a tecnoloxÃa de recoñecemento facial, e ante tal
escenario dende
Meta anuncian que vai pechar o sistema de recoñecemento de caras de Facebook,
de xeito que borrarán o modelo que empregan para identificar cada cara dos seus
sistemas, polo que ao subir unha fotografÃa ou un vÃdeo xa non se identificará
de xeito automático ás persoas que aparecen.
Máis da terceira parte dos usuarios de Facebook aceptaran o uso do recoñecemento
facial, pero o rexeitamento social leva a que agora vaian eliminar a
información facial de máis dun milleiro de millón de persoas, medida que tamén
ten lados bastante negativos, xa que o recoñecemento de persoas en imaxes
aporta un grande valor, e permite cousas como que as persoas con problemas de
visión poidan recoñecer aos seus amigos en fotografÃas.
Pero Meta non dirá totalmente adeus a esta tecnoloxÃa, que consideran que pode
resultar moi práctica para, por exemplo, verificar identidades ou previr
fraudes, polo que continuarán a traballar nestas tecnoloxÃas, aÃnda que non do
mesmo xeito que estaban a facer até o momento, e poderÃan explorar métodos como
que o recoñecemento facial teña lugar nos dispositivos dos usuarios e non en
servidores externos (como xa fan moitos móbiles para o seu desbloqueo), polo
que é aÃnda moi cedo para despedirnos do recoñecemento facial, e simplemente
estamos ante unha operación destinada a evitar problemas legais e de imaxe por
parte de Meta.