Facebook permite crear eventos de pagamento
venres, 14 de agosto do 2020- Poder organizar clases de fitness de pagamento é unha das moitas opcións que permite agora Facebook
Dende Google están a estrear unha nova funcionalidade para
axudar a profesionais e pequenos negocios a recuperarse na complicada
conxuntura económica actual, de xeito que agora as empresas, os educadores, os
creadores e os editores de contidos poden facer cartos
cobrando por eventos na súa páxina de Facebook.
O distanciamento social fixo que se disparasen as retransmisións de vÃdeo a
través de Facebook, e para aproveitar esta situación por parte dos negocios
Facebook permite agora crear eventos de Facebook Live para os que é preciso
aboarse, contando tamén coa opción de usar salas de Messenger para un nivel de interacción
máis persoal.
Durante as probas realizadas en Facebook puideron ver como os expertos
decidiron utilizar esta prestación para relatorios, gravacións de podcasts,
clases de cociña, encontros con seareiros, clases de fitness e outras
actividades, o que pode chegar a converterse nunha interesante fonte de
financiamento.
Para gozar desta funcionalidade temos que recorrer á sección para configurar os eventos de
pagamento en Facebook, onde nos indican se a nosa páxina está habilitada
para tal fin, e podemos configurar unha conta bancaria para recibir os
pagamentos dos usuarios dos que descontaranse unicamente os gastos de
transacción (xa que dende Facebook entenden que este tipo de actividade é de
pequena escala e buscan axudar á xente que está nunha situación complicada por
mor da pandemia). AÃnda que a intención de Facebook é que o pagamento das actividades
vaia integramente aos organizadores, isto só acontece se os usuarios empregan
Facebook Pay, ou sexa, que se as achegas económicas chegan a través da
plataforma de pagamentos da App Store dende Apple quedan cunha comisión do 30%
rexeitando a compañÃa de Cupertino facer unha excepción para axudar ás empresas
que os están a pasar mal por mor da COVID-19.
Un detalle sobre o que dende Facebook insisten é en que nos eventos de
pagamento só pode empregarse música da que se teñan os dereitos de explotación,
polo que para a meirande parte de usuarios o máis recomendable serÃa empregar
sons da colección de Facebook e música de dominio público para evitar
problemas.
Será interesante ver se as pequenas empresas e os creadores de contidos comezan
a utilizar esta plataforma como un xeito de realizar eventos en liña de
pagamento sen ter que contar con complexas infraestruturas, pero resulta
evidente que estamos ante unha opción moi interesante nestes momentos de
distanciamento social.